29 de outubro de 2014

SAMAIN

Xornadas Especiais: Samaín 2014
(Preme para calendario 2014)

Samain é a noite anterior ao 1 de novembro.
A festividade debería chamarse mais xaun ou xauen, que sería a pronuncia de Samaín en gaélico.
Parece que o nome provén do primeiro mes (Samonios) do calendario de Coligny. Era pois o principio de ano. SAMHAIN a noite do 31 de outubro, na que se abren as portas a mundos paralelos e o período de introspección. Hai un paralelismo co que sucede fóra; o sol perde forza, hai menos luz e os ritmos de crecemento da natureza son mais lentos. Os celtas celebraban co Samaín o paso do ano, a fin do tempo das colleitas e o comezo do inverno e, con el, do ano novo.
O Samaín era o momento no que as ánimas dos mortos retornaban ás súas casas para visitar os familiares aínda vivos. Nesta visita aproveitaban para buscar alimento e quentarse co lume da lareira, polo que era costume deixar o lume aceso nesta noite e nunca varrer a lareira para non afastar as ánimas; por veces tamén se deixaba unha cadeira baleira, co seu servizo de comida e bebida, para que as ánimas se achegasen á mesa familiar.
Coincidía así, nesta noite do 31 de outubro ao 1 de novembro e tamén ao 2 de novembro, a festa do paso dun ano a outro, co momento da apertura ás ánimas do outro mundo. A festa foi reconducida á celebración do Día de Defuntos e de Todos os Santos, co costume de visitar o cemiterio, un día de recollemento e espiritualidade para os crentes.
Polo Samaín era costume baleirar nabos de gran tamaño para pórlles dentro candeas. En Galicia tamén ás veces nabos no canto de cabazas, e así o refrán di: Polo tempo de tódolos Santos mira os nabos; se fosen bos, di que son malos. E así usalos para isto. Poñíanse candís en nabos ou cabazas ocos e colocábanse nas xanelas para escorrentar aos malos espíritos. Ou se saía aos camiños para meter medo. Pode que isto proceda dun costume de certos guerreiros de facer o mesmo nas caveiras dos inimigos vencidos.
A tradición puido ter sido exportada aos Estados Unidos de América polos irlandeses coas migracións e a tradición tería continuidade nas festas de Halloween.
Na festa celta a importancia era tal que estaba penada a ausencia. O punto principal era a celebración do gran banquete. Entre outras moitas celebracións facíanse xogos de adiviñas. Facíase a recolleita de castañas, normalmente polos nenos, e celebrábase o magosto, probablemente o herdeiro directo en Galicia desta festividade, coas castañas, viño novo e queixo e as festas nas fragas cos aturuxos. Segundo Murguía as castañas e o viño simbolizan a morte e a vida.

Ningún comentario:

Publicar un comentario