14 de setembro de 2016

14 de setembro: Aniversario de Blanco Amor

Eduardo Blanco Amor

Eduardo Modesto Blanco Amor naceu en Ourense o 14 de setembro de 1897 e finou en Vigo o 1 de decembro de 1979, foi un escritor e xornalista galego e en 1993 foille adicado o Día das Letras Galegas.

Moita da súa educación non foi formal, pero que aprendeu pola súa conta lendo xornais. Frecuentou os faladoiros de Vicente Risco o que tivo trascendencia na súa adicación á promoción da cultura galega.
En 1919 emigrou a Buenos Aires, onde continuou en contacto con intelectuais galegos da emigración. En 1928 retornou durante un ano a Galicia onde coñeceu a Castelao e tratou a membros do Partido Galeguista e do grupo Nós.

Volveu a instalarse en España como correspondente de La Nación entre 1933 e 1935, e coñeceu en Madrid a Federico García Lorca, con quen tivo unha grande amizade. Blanco Amor foi o responsable de convencer a Lorca para que publicase os Seis poemas galegos (1935).

Defendeu denda Arxentina a legalidade republicana cando se produciu o estalido da guerra civil española. Durante os 20 anos seguintes utilizou unicamente o castelán na súa obra literaria. En 1956 volveu ao galego con Cancioneiro, e en 1959 publicou unha novela de extraordinaria importancia para a renovación da narrativa galega: A esmorga.

Retornou a Galicia o 16 de xaneiro de 1965, e publicou outra obra que tivo gran repercusión, o libro de relatos Os biosbardos (1962). A súa última etapa foi moi fecunda, a pesar de ser postergado pola cultura oficial. En 1972 apareceu a extensa novela Xente ao lonxe.

Foi un dos patróns da Fundación do Museo Carlos Maside.

Ningún comentario:

Publicar un comentario