17 de decembro de 2021

XADREZ NO NADAL

Grazas ao apoio da Deputación da Coruña, do Centro Comercial Los Rosales e do Sporting Club Casino temos este ano unha intensa actividade de xadrez.

Estas son as nosas suxerencias ata final de ano:

VENRES 17

17,30 a 18,30 no Sporting Club Casino-Zapateira (só para socios): Torneo González March de partidas a 5 minutos.

17,00 a 18,30 no CC Los Rosales: Continúa as fases previas do Torneo Sub18 iniciado o día 3 co cuarto grupo de clasificación.

18,30 a 20,00 no CC Los Rosales: Liga final do Torneo Sub18. Clasificados os 8 mellores.

Se queres mais xadrez, o CIDU ten actividade a partir das 20,15 no Centro Universitario de Riazor (www.xadrezuniversitario.org)

SABADO 18

12,00 a 14,00 no Sporting Club Casino-Zapateira (só para socios): Torneo González March de partidas a 10 minutos.

17,30 a 19,30 no CC Los Rosales: En colaboración co CIDU. Torneo Aniversario (información en www.xadrezuniversitario.org)

DOMINGO 19

Non temos nada, pero AGAX e Xadrez das Mariñas organizan o torneo máis antigo da cidade; o LXXIII Torneo de Navidad. Información en www.agax.org.

MERCORES 22 E XOVES 23

Estes días non faremos actividade para animar á xente a participar no Torneo Nadal en Cambre que organizan Sihgrás e Xadrez das Mariñas dentro do Circuito Xadrez das Mariñas de AGAX.

DOMINGO 26

AGAX organiza o Torneo Ludo e o Torneo Senior Cidade da Coruña. Información en www.agax.org.

LUNS 27

17,00 a 18,30 no CC Los Rosales. Clases de Iniciación en grupo máximo de 8 participantes dirixida especialmente aos nados en 2013 ou seguintes. Agasallo dunha máscara anti COVID para os participantes.

18,30 a 20,00 (hora máxima de finalización) no CC Los Rosales. Torneo Sub8 reservado a nados en 2013 ou seguintes.

MARTES 28

17,00 a 18,30 no CC Los Rosales. Clases de Iniciación en grupo máximo de 8 participantes dirixida especialmente aos nados en 2013 ou seguintes. Agasallo dunha máscara anti COVID para os participantes.

18,30 a 20,00 (hora máxima de finalización) no CC Los Rosales. Torneo Sub8 reservado a nados en 2013 ou seguintes.

MERCORES 29

17,00 a 18,30 no CC Los Rosales. Clases de Iniciación en grupomáximo de 8 participantes dirixida especialmente aos nados en 2013 ou seguintes. Agasallo dunha máscara anti COVID para os participantes.

18,30 a 20,00 (hora máxima de finalización) no CC Los Rosales. Torneo Sub8 reservado a nados en 2013 ou seguintes.

XOVES 30

17,00 a 20,00 no CC Los Rosales. En colaboración coa asociación universitaria INCUDE, xornada en grupo máximo de 8 participantes de xogos de mesa.

20,00 a 21,00 no CC Los Rosales. En colaboración coa asociación universitaria INCUDE, torneo de partidas rápidas de xadrez.

VENRES 31

AGAX organiza o Torneo Aninovo. Información en www.agax.org.

E no 2022 teremos actividades tamén durante os días de vacacións no Centro Comercial Los Rosales e retomaremos a actividade da nosa escola.

ANOTARSE NAS ACTIVIDADES NO CENTRO COMERCIAL LOS ROSALES

Ningún comentario:

Publicar un comentario