28 de novembro de 2022

XI Torneo de Nadal

O sábado 10 de nadal celebraremos a undécima edición do noso Torneo de Xadrez. Tras dous anos marcados pola COVID pretendemos neste nadal recuperar a normalidade.

Tras a primeira edición no Playa Club como unha iniciativa de varios clubes, e as dúas seguintes no MUNCYT repetimos de novo na que ven sendo a nosa casa dende hai xa 8 anos, no Centro Comercial Los Rosales, onde os xogadores de calquera idade poderán disputar as partidas deste torneo grazas ao apoio para as actividades de xadrez da SCD Palaestra.

Toda a información aparece no cartel que acompaña esta nova.

Nome do Torneo: XI TORNEO DE NADAL

Data: 10 de decembro de 2022.

Lugar: Centro Comercial Los Rosales. A Coruña.

Hora de inicio: 11,30.

Hora de entrega de premios aproximada: 19,30.

Sistema de xogo: Suízo a 6 roldas.

Desempates: A sortear tras a derradeira rolda.

Ritmo de xogo: 20 minutos a finish.

Horario das roldas: 11,30 / 12,15 / 13,00 / 17,00 / 17,45 / 18,30.

Categorías: Absoluta, Sub14, Sub12, Sub10 e Sub8.

Premios:

En cada categoría:
1º Clasificado: Trofeo.
2º Clasificado: Trofeo.
3º Clasificado: Trofeo.

Todos os participantes recibirán unha medalla.

Cota: Gratuito.
De xeito voluntario os participantes poden colaborar entregando comida para causa benéfica.



Advertencia: Os participantes na proba autorizan a publicación dos sus datos persoais nos diferentes medios que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (resultados, clasificacións, participantes... etc.) así como a súa presencia nas fotos realizadas cos mesmos propósitos.

A participación leva aparellada a aceptación destas normas.

Inscrición: a través desta ligazón... PREME

Hai un límite de participantes de 60 xogadores.

Ningún comentario:

Publicar un comentario