30 de maio de 2023

TORNEO DE PRIMAVERA

Dende o Centro Comercial Los Rosales e a SCD Palaestra lanzamos o Torneo de Primavera para este 2023.

Agardamos a vosa presencia!

Nome do Torneo:
TORNEO DE XADREZ DE PRIMAVERA

Data: 10 de xuño de 2023.

Lugar: Centro Comercial Los Rosales. A Coruña.

Hora de inicio: 17,00.

Hora de entrega de premios aproximada: 19,50.

Sistema de xogo: Suízo a 5 roldas.

Desempates: A sortear tras a derradeira rolda.

Ritmo de xogo: 15 minutos a finish.

Categorías: Absoluta, Sub14, Sub12, Sub10 e Sub8.

Premios:

1º Clasificado de cada categoría: Trofeo.
2º Clasificado de cada categoría: Trofeo.
3º Clasificado de cada categoría: Trofeo.

Partcipantes: Ata 60 participantes.

Inscricións: Abertas ata o xoves 8 de xuño. Exclusivamente a través do formulario ligado:

Actividade complementaria: O venres 9 teremos ás 20,15 no mesmo lugar un torneo de partidas rápidas.

PREME PARA INSCRIBIRSE

Cota: Gratuito.

Advertencia: Os participantes na proba autorizan a publicación dos sus datos persoais nos diferentes medios que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (resultados, clasificacións, participantes... etc.) así como a súa presencia nas fotos realizadas cos mesmos propósitos.

A participación leva aparellada a aceptación destas normas.


30 de xaneiro de 2023

Campionatos provinciais

Actividades de xadrez para o vindeiro fin de semana.

Aproximadamente 10 anos depois da última realización na Coruña celebraremos os campionatos provinciais en distintas categorías. Estes días será no Spoting Club Casino na rúa Real.

TORNEO SUB8

Sub8 (nados en 2015 en adiante): 
Sábado 4 de febreiro: 11,00, 12,00, 13,00, 16,00, 17,00 e 18,00. 
Caso de ter mais de 64 xogadores xogaríase unha rolda tamen ás 19,00.
Ritmo de xogo: 15 minutos + 15 segundos de incremento (15’+15’’).



TORNEO SUB14

Sub14 (nados en 2009 en adiante): 
Sábado 4 de febreiro: 16,00, 17,30 e 19,00. 
Domingo 5 de febreiro: 16,00, 17,30 e 19,00. 
Caso de ter mais de 64 xogadores xogaríase unha rolda o domingo 5 ás 12,00.
Ritmo de xogo: 30 minutos + 15 segundos de incremento (30’+15’’).



TORNEO SUB10

Sub10 (nados en 2013 en adiante): 
Domingo 5 de febreiro: 11,00, 12,00, 13,00, 16,00, 17,00 e 18,00. 
Caso de ter mais de 64 xogadores xogaríase unha rolda tamen ás 19,00.
Ritmo de xogo: 15 minutos + 15 segundos de incremento (15’+15’’).



Inscricións: 
A través do formulario electrónico: https://forms.gle/HMbq1uM5axj76edd7
Prazo: xoves 2 de febreiro ás 19,00 horas.
Información complementaria:
Web oficial: www.fegaxa.org
Por whatsapp 654 60 37 16
Información en Facebook, instagram e twitter en @scdpalaestra.net

Comité de apelación: Estará formado polo director e o árbitro do torneo.

Premios: Trofeo para os tres primeiros clasificados de cada categoría e agasallo para todos os participantes.

7 de xaneiro de 2023

Escola de xadrez en Los Rosales

Estes son os grupos que propoñemos para o primeiro trimestre de 2023.
En caso de ter éxito ampliaríamos os días da semana con actividade.

MARTES DE XADREZ
Actividade co apoio da Deputación da Coruña.
Xaneiro: 10, 17, 24 e 31 / Febreiro: 7, 14 e 28 / Marzo: 7, 14, 21 e 28.
Destinatarios: Calquera interesado.
Cota: De balde.
Horarios: De 19,00 a 20,30.
Desenvolvemento: 30 minutos explicación + 1 hora de torneo amigable de partidas rápidas.
Temario: Finales de Chernev
Non é necesario anotarse previamente.

XOVES - XADREZ DE INICIACION
Xaneiro: 12, 19 e 26 / Febreiro: 2, 9, 16 e 23 / Marzo: 2, 9, 16, 23 e 30.
Destinatarios: Calquera interesado sen moito coñecemento.
Cota: Socio + 20 euros / mes.
Horarios: De 17,30 a 19,00.
Desenvolvemento: 30 minutos explicación + 1 hora de torneo amigable de partidas rápidas.
Temario: AGAX Nivel 1.
Grupo máximo: 8 Grupo mínimo: 4

XOVES - XADREZ DE ADESTRAMENTO
Xaneiro: 12, 19 e 26 / Febreiro: 2, 9, 16 e 23 / Marzo: 2, 9, 16, 23 e 30.
Destinatarios: Calquera interesado con Nivel 1 aprobado, ELO FIDE e/ou experiencia probada.
Cota: Socio + 20 euros / mes.
Horarios: De 18,00 a 19,30.
Desenvolvemento: 1 hora de torneo amigable de partidas rápidas + 30 minutos explicación 
Temario: AGAX Nivel 2.
Grupo máximo: 8 Grupo mínimo: 4

Notas diversas:

1. A cota de socio de Palaestra de 2022-2023 é de 10 euros. Os socios reciben un carnet e unha camiseta.
2. Este ano non é obrigatorio estar federado. A Escola de Palaestra pode recomendar clubs onde federarse e disputar a Liga se os asistentes o desexan.
3. Os torneos dos xoves (non os do martes) terán pequenos agasallos para os vencedores de cada semana. 
4. Os grupos dos xoves serán confirmados se hai o mínimo de catro persoas interesadas.

Para incribirse nos grupos dos xoves:


2 de xaneiro de 2023

Xadrez no inicio do ano

Empezamos o ano como rematamos o pasado con xadrez polas tardes no Centro Comercial Los Rosales.

LUNS 2 DE XANEIRO
16,00 - 16,45: Pequena clase. Finais básicos
16,45 - 17,45: Torneo amigable de rápidas.
17,45 - 18,30: Pequena clase. Posicións de Capablanca.

MARTES 3 DE XANEIRO
16,00 - 16,45: Pequena clase. Finais básicos
16,45 - 17,45: Torneo amigable de rápidas.
17,45 - 18,30: Pequena clase. Posicións de Capablanca.
19,00: Torneo Xadrez 960.

MÉRCORES 4 DE XANEIRO
16,00 - 16,45: Pequena clase. Finais básicos
16,45 - 17,45: Torneo amigable de rápidas.
17,45 - 18,30: Pequena clase. Posicións de Capablanca.
19,00: Torneo Aniversario INCUDE

23 de decembro de 2022

Actividades do 26 ao 30

Estas son as actividades de xadrez ata fin de ano no Centro Comercial Los Rosales.

Podes asistir a cantas actividades desexes. Nalgunhas das actividades indicadas haberá algún tipo de premio e tamén para os mellores na combinada das distintas probas desta semana.

Para aquelas actividades só para socios lembramos que a cota por temporada é de só 10 euros.

Na primeira semana de xaneiro tamén faremos algunhas actividades similares.

LUNS 26
16,00 - 16,45: Actividade gratuita. Adestramento finais básicos.
16,45 - 17,45; Actividade gratuita. Torneo amigable de partidas rápidas.
17,45 - 18,30: Actividade gratuita. Adestramento "Fundamentos do xadrez" de Capablanca.
19,00 - 20,00: Actividade a cambio dun quilo de comida: Torneo amigable IV Torneo de Rápidas de Nadal (medalla a todos os participantes sub14).
20,00 en adiante: Actividade só para socios. Probando outros xogos de mesa: Cluedo. 

MARTES 27
16,00 - 16,45: Actividade gratuita. Adestramento finais básicos.
16,45 - 17,45; Actividade gratuita. Torneo amigable de partidas rápidas.
17,45 - 18,30: Actividade gratuita. Adestramento "Fundamentos do xadrez" de Capablanca.
19,00 - 20,00: Actividade a cambio dun quilo de comida: Torneo amigable de Damas (trofeo para o primeiro).
20,00 en adiante: Actividade só para socios. Probando outros xogos de mesa: Carcasonne. 

MÉRCORES 28
16,00 - 16,45: Actividade gratuita. Adestramento finais básicos.
16,45 - 17,45; Actividade gratuita. Torneo amigable de partidas rápidas.
17,45 - 18,30: Actividade gratuita. Adestramento "Fundamentos do xadrez" de Capablanca.
19,00 - 20,00: Actividade a cambio dun quilo de comida: Último dos torneos do Aniversario do CIDU.  (Trofeo para o primeiro e para o mellor universitario).
20,00 en adiante: Actividade só para socios. Probando outros xogos de mesa: Irmandiños. 

XOVES 29
16,00 - 16,45: Actividade gratuita. Adestramento finais básicos.
16,45 - 17,45; Actividade gratuita. Torneo amigable de partidas rápidas.
17,45 - 18,30: Actividade gratuita. Adestramento "Fundamentos do xadrez" de Capablanca.
19,00 - 20,00: Actividade a cambio dun quilo de comida: Torneo FischerRandom/960 (trofeo para o primeiro).
20,00 en adiante: Actividade só para socios. Probando outros xogos de mesa: Código secreto. 

VENRES 30
16,00 - 16,45: Actividade gratuita. Adestramento finais básicos.
16,45 - 17,45; Actividade gratuita. Torneo amigable de partidas rápidas.
17,45 - 18,30: Actividade gratuita. Adestramento "Fundamentos do xadrez" de Capablanca.
19,00 - 20,00: Actividade a cambio dun quilo de comida: Liga por equipos de rápidas (trofeo para o primeiro).
20,00 en adiante: Actividade por definir de peche do ano 2022.

20 de decembro de 2022

Resultados Torneo de Nadal

Resultados do Torneo de Nadal de 2022. Grazas por ter participado.


CATEGORIA ABSOLUTA

  1    Sergio López,                                    5.5    16.0         4    10.0   18.5
  2    José María Dorado Rebored,               5      18.0         5    11.5   19.0
  3    Jorge Martí,  MELLOR SUB14       4      16.5         4    10.5   13.0
  4    Ramiro del Valle Rodrigue,               3.5    22.0         3    15.0   15.0
  5    Matías González Chas                          3.5    13.5         3     8.5   10.0
  6    Rodrigo López,                            2.5    21.5         1    14.0    8.0
  7    Carlos Osorio,                            2.5    16.0         2    10.0    8.0
  8    Francisco Javier Troiteir,               2      19.0         1    13.0    8.0
  9    Julio Cañás Lara,                        1.5    18.0         0    11.5    5.5
  10  Pablo Lamas Noya,                        0      14.5         0     8.5    0.0


CATEGORIA SUB12
1 Alejandro López 5
2 Zoe Rosrigues 4
3 Xabier Cañas 3
4 Marcos Alvarez 2
5 Estevo Leira 1
6 Darío Trillo 0


CATEGORIA SUB10

  1    Rubén Troiteiro Arenas,                  6      16.0         5    10.5   21.0
  2    Diego Rodríguez Tirapu,                  5      16.0         5    10.0   17.0
  3    Gonzalo Martínez Diaz,                    4      18.0         3    12.0   13.0
  4    Diego Rodríguez Fernández,               3      18.0         2    12.0   11.0
  5    Camilo Silva Cuñado,                      3      16.0         2    10.5    9.0
  6    Guillermo Leira Temes,                    2      22.0         1    14.0    8.0
  7    Pedro Añon,                              1      22.0         0    14.0    5.0

CATEGORÍA SUB8

  1    Jiaming Guo Chen,                        6      21.0         6    14.0   21.0
  2    TELMO VICENTE RESUA,                4      21.5         4    14.0   15.0
  3    Raúl Gómez Figueirido,                  4      19.5         4    13.0   15.0
  4    Xoel Roo Pérez,                          4      17.5         4    11.0   11.0
  5    Mar Rodríguez Collazo,                  3      22.5         3    14.0   13.0
  6    Ariadna Lopez,                          3      19.5         3    14.0   11.0
  7    Hugo Boquete Rega,                      3      19.5         3    12.5   11.0
  8    Nazaret Balboa González,                3      18.0         3    11.0   10.0
  9    Alvaro Martinez Ruiz,                    3      16.0         2    11.5    7.0
  10  Víctor Florido Carretero,               3      13.5         2    10.0    9.0
  11  ENZO RAÍCES VILLAREJO,              2      17.5         1    12.5    6.0
  12  Dani Pernas Yáñez,                      1      17.0         0    12.0    3.0
  13  Simón Freire,                                  1      14.0         1    10.5    4.0

28 de novembro de 2022

XI Torneo de Nadal

O sábado 10 de nadal celebraremos a undécima edición do noso Torneo de Xadrez. Tras dous anos marcados pola COVID pretendemos neste nadal recuperar a normalidade.

Tras a primeira edición no Playa Club como unha iniciativa de varios clubes, e as dúas seguintes no MUNCYT repetimos de novo na que ven sendo a nosa casa dende hai xa 8 anos, no Centro Comercial Los Rosales, onde os xogadores de calquera idade poderán disputar as partidas deste torneo grazas ao apoio para as actividades de xadrez da SCD Palaestra.

Toda a información aparece no cartel que acompaña esta nova.

Nome do Torneo: XI TORNEO DE NADAL

Data: 10 de decembro de 2022.

Lugar: Centro Comercial Los Rosales. A Coruña.

Hora de inicio: 11,30.

Hora de entrega de premios aproximada: 19,30.

Sistema de xogo: Suízo a 6 roldas.

Desempates: A sortear tras a derradeira rolda.

Ritmo de xogo: 20 minutos a finish.

Horario das roldas: 11,30 / 12,15 / 13,00 / 17,00 / 17,45 / 18,30.

Categorías: Absoluta, Sub14, Sub12, Sub10 e Sub8.

Premios:

En cada categoría:
1º Clasificado: Trofeo.
2º Clasificado: Trofeo.
3º Clasificado: Trofeo.

Todos os participantes recibirán unha medalla.

Cota: Gratuito.
De xeito voluntario os participantes poden colaborar entregando comida para causa benéfica.



Advertencia: Os participantes na proba autorizan a publicación dos sus datos persoais nos diferentes medios que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (resultados, clasificacións, participantes... etc.) así como a súa presencia nas fotos realizadas cos mesmos propósitos.

A participación leva aparellada a aceptación destas normas.

Inscrición: a través desta ligazón... PREME

Hai un límite de participantes de 60 xogadores.