30 de xaneiro de 2014

30 de xaneiro: Día de Castelao

Palaestra anima hoxe a axhegarse á obra de Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 30 de xaneiro de 1886 e finado no exilio, en Buenos Aires (Argentina), o 7 de xaneiro de 1950.
Castelao foi un intelectual comprometido co país e na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser considerado como a figura máis importante da cultura galega do século XX.
Estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
Foi homenaxeado co segundo Día das Letras Galegas, no ano 1964. En decembro de 2011 a Xunta de Galicia declarou a súa obra como Ben de Interese Cultural.

E ao mesmo tempo hoxe celébrase o día escolar da Paz e a non violencia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario