7 de xaneiro de 2022

REINICIO DAS ESCOLAS DE XADREZ

Hoxe día 7 retomamos as escolas de xadrez.

Empezan xa as clases no Sporting Club Casino, que veñen desenvolvéndose os venres (17;30) e sábados (12,00 e 13,00).

No tocante ás nosas actividades no Centro Comercial Los Rosales, estas son as nosas propostas para os próximos meses (é posible que vaiamos engadindo novos grupos nestes días).


ADESTRAMENTOS PRIMEIRO TRIMESTRE 2022 NO CC LOS ROSALES


As actividades requiren en xeral
1. Ser socio de Palaestra
2. Estar federado
3. Pago dunha cota trimestral

1. Os interesados terán que facerse socios de Palaestra. 
É un pago único anual de 10 € e o periodo de asociación remata o 31/08/2022. 

Cada anotado recibirá:
* Camiseta con motivos de xadrez.
* Máscara hixiénica con motivo de xadrez.
* Libro de xadrez con mates básicos.

2. Tamén será Obrigatorio contar coa ficha federativa na Federación Galega de Xadrez.
Dende o 1 de xaneiro tería que ser xa a licenza de 2022.
Para aqueles que sexan socios do Sporting Club Casino o mellor é facelo co seu club (enviádenos un whatsapp) e para o resto recomendamos facelo co CIDU www.xadrezuniversitario.org
En principio este ano teñen unha cota de 25 euros que queda en 15 para os menores de 14 anos (nados en 2008 ou seguintes). Esta opción é a mais recomendable se queredes xogar campionatos e mesmo a Liga de Xadrez.
Os non interesados en disputar torneos o mellor é que cubran o formulario do CIDU e escriban un whatsapp explicando que é so para asistir ás actividades no Centro Comercial Los Rosales (o custo sería só de 3 euros para menores de 14 anos).

3. O pago da actividade indícase no apartado correspondente a cada unha delas.

Actividade no Centro Comercial Los Rosales. 
Buscamos manter grupos pequenos coma no pasado, con poucos asistentes. 

MARTES
Dias de actividade: Xaneiro 11, 18 e 25 / Febreiro 1, 8, 15 e 22 / Marzo: 8, 15, 22 e 29

Grupo Martes 1. De 17,30 a 18,30
Grupo de iniciación. Custo: 45 euros/trimestre
Grupo Martes 2. De 18,30 a 19,30
Grupo para xogadores de Liga. Custo: 45 euros/trimestre
Grupo Martes 3. De 19,30 a 20,30
Grupo de iniciación para os pais e outros maiores interesados. Custo: 45 euros/trimestre

XOVES
Dias de actividade: Xaneiro 13, 20 e 27 / Febreiro 3, 10, 17 e 24 / Marzo: 3, 10, 17, 24 e 31

Grupo Xoves 1. De 17,30 a 18,30
Grupo de iniciación. Continuidade do Grupo do trimestre anterior. Custo: 45 euros/trimestre
Grupo Xoves 2. De 18,30 a 20,00
Grupo para xogadores de Liga. Continuidade do Grupo do trimestre anterior. Custo: 60 euros/trimestre

VENRES
Dias de actividade: Xaneiro 14, 21 e 28 / Febreiro 4, 11 e 18 / Marzo: 4, 11 e 18

Grupo Venres 1. De 18,30 a 19,00
Grupo de iniciación para rapaces que empecen de cero. Os grupos duran so tres semanas (un por mes) e o custo é de balde. Tampouco é obrigatorio ser socio de Palaestra, pero si estar federado. Os asistentes só poden participar durante un mes. 

Ademais os venres indicados e tamén o 25 de marzo, de 19,00 a 20,00 teremos torneos para rapaces sub14 (Nados en 2008 ou seguintes). 

--> Se hai demanda doutros días e horarios estudiaremos a posibilidade de facelos.

Lembramos novamente que hai que engadir a cota de federación para aqueles que non estean federados en 2022 e a cota 2021-2022 da S.C.D. Palaestra (os que empezaron no trimestre anterior xa a terán pagada).

Actividade presencial - Actuación COVID.
É obrigatorio o uso da máscara. Será de aplicación o protocolo da Secretaría Xeral para o Deporte e Federación Galega de Xadrez sobre medidas de prevención ante a COVID.

Os interesados deben anotarse no formulario e facer os pagos oportunos na conta que se comunique por whatsapp.


Ningún comentario:

Publicar un comentario